EL Rincón de Yanka: NO COLO DE MIÑA NAI: ESA É MARÍA, UNHA NAI QUE SE CHAMA MARÍA 👸

inicio









MARANATHÁ, VEN SEÑOR JESÚS, MARAN ATHA, EL SEÑOR VIENE

MARANATHÁ, VEN SEÑOR JESÚS, MARAN ATHA, EL SEÑOR VIENE
CALENDARIO DE ADVIENTO 2025





domingo, 29 de diciembre de 2019

NO COLO DE MIÑA NAI: ESA É MARÍA, UNHA NAI QUE SE CHAMA MARÍA 👸



NO COLO DE MIÑA NAI

NO COLO DE MIÑA NAI 
Xesús Portas Ferro 

No colo de miña nai escoitei que morreras por min 
e aínda e hoxe o día que creo en Ti (2) 

Véxote andar polos camiños 
cheos de po do teu país, 
ós pecadores, á xente pobre 
e ós enfermos buscar por Ti. 

Véxote entrar onda os amigos, 
sentarte á mesa, falar de amor; 
torna-los medos, ama-la vida, 
espallar azos ó teu redor. 

Vexo a mañá en que rexurdes 
á vida nova que agardo eu, 
marcha-la noite, chega-lo día 
facerse o mundo Reino de Deus



ESA É MARÍA

ESA É MARÍA
(Carme Pérez/ Xosé Luis Reza) 

Que bonito despois do traballo 
recollerse á calor do fogar 
e sentir esa fala tan doce 
dunha nai que te sabe esperar. 

Que bonito nas noites de insomnio, 
cando o medo te vén desvelar, 
escoitar unha nana suave 
dunha nai que te ven arroupar. 

Esa é María, é a nosa nai, 
dóce naiciña, comigo vai. (bis) 

Que bonito sentir na door 
esa man que sabe acariciar, 
esa man que consola e alivia, 
esa man que te pode curar. 

Que bonito atopar no perigo 
un braciño ó que se agarrar, 
que bonito é ter unha naiciña 
que os fillos poidamos chamar.

 
UNHA NAI QUE SE CHAMA MARÍA

NA TARDIÑA BAIXA DA VIDA