EL Rincón de Yanka: MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA, COMO A MIÑA NAI NINGUNHA: TODOS LOS DÍAS SON DÍAS DE MI MADRE

inicio









MARANATHÁ, VEN SEÑOR JESÚS, MARAN ATHA, EL SEÑOR VIENE

MARANATHÁ, VEN SEÑOR JESÚS, MARAN ATHA, EL SEÑOR VIENE
CALENDARIO DE ADVIENTO 2025





domingo, 1 de mayo de 2016

MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA, COMO A MIÑA NAI NINGUNHA: TODOS LOS DÍAS SON DÍAS DE MI MADRE

Sobor da súa muda dor

Miña nai, miña naiciña,
como a miña nai ningunha.
Non nos quentou a cariña
coa caloriña da súa.

¿Cómo, sen chorar, chorou?
¿Cómo xemeu sen xemer?
Miña nai morou sen ver
xardíns na súa nenez.

Sen falar, fíxo saber.
Sen dicirnos, amostraba.
E cos seus labres contritos
nos nosos lombos pesaba.

Sobor da súa muda dor
unha lexeira inquedanza,
unha traxedia inminente,
unha pena dexergada.

Toda a vida nunha cesta
fora o xeito da viaxe.
Mais polas cestas escorren
albas, sonos, deuses, mares.

¿Cómo viveu, sen viver?
¿Cómo gritou, se calaba?
Morreu sen voltarse a ver
nas sombras do que deixara.

Miña nai, miña naiciña,
como a miña nai ningunha.
Que nos esfriou a cariña
coas lagrimiñas da súa.




Miña Nai - Luar Na Lubre