Sobor da súa muda dor
Miña nai, miña naiciña,
como a miña nai ningunha.
Non nos quentou a cariña
coa caloriña da súa.
¿Cómo, sen chorar, chorou?
¿Cómo xemeu sen xemer?
Miña nai morou sen ver
xardíns na súa nenez.
Sen falar, fíxo saber.
Sen dicirnos, amostraba.
E cos seus labres contritos
nos nosos lombos pesaba.
Sobor da súa muda dor
unha lexeira inquedanza,
unha traxedia inminente,
unha pena dexergada.
Toda a vida nunha cesta
fora o xeito da viaxe.
Mais polas cestas escorren
albas, sonos, deuses, mares.
¿Cómo viveu, sen viver?
¿Cómo gritou, se calaba?
Morreu sen voltarse a ver
nas sombras do que deixara.
Miña nai, miña naiciña,
como a miña nai ningunha.
Que nos esfriou a cariña
coas lagrimiñas da súa.
Miña Nai - Luar Na Lubre
0 comments :
Publicar un comentario