NO COLO DE MIÑA NAI
NO COLO DE MIÑA NAI
Xesús Portas Ferro
No colo de miña nai escoitei que morreras por min
e aínda e hoxe o día que creo en Ti (2)
Véxote andar polos camiños
cheos de po do teu país,
ós pecadores, á xente pobre
e ós enfermos buscar por Ti.
Véxote entrar onda os amigos,
sentarte á mesa, falar de amor;
torna-los medos, ama-la vida,
espallar azos ó teu redor.
Vexo a mañá en que rexurdes
á vida nova que agardo eu,
marcha-la noite, chega-lo día
facerse o mundo Reino de Deus
ESA É MARÍA
ESA É MARÍA
(Carme Pérez/ Xosé Luis Reza)
Que bonito despois do traballo
recollerse á calor do fogar
e sentir esa fala tan doce
dunha nai que te sabe esperar.
Que bonito nas noites de insomnio,
cando o medo te vén desvelar,
escoitar unha nana suave
dunha nai que te ven arroupar.
Esa é María, é a nosa nai,
dóce naiciña, comigo vai. (bis)
Que bonito sentir na door
esa man que sabe acariciar,
esa man que consola e alivia,
esa man que te pode curar.
Que bonito atopar no perigo
un braciño ó que se agarrar,
que bonito é ter unha naiciña
que os fillos poidamos chamar.
UNHA NAI QUE SE CHAMA MARÍA
NA TARDIÑA BAIXA DA VIDA
0 comments :
Publicar un comentario